No DOG do 14/03/2022 publican a RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 10 de marzo de 2022 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Aproban a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo nos termos que se sinalan no anexo a ese acordo, como consecuencia da aprobación do Decreto 1/2022, do 13 de xaneiro, polo que se crea a Delegación Territorial da Xunta de Galiza en Ferrol (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro).