No DOG do 17/03/2022 o Consello de Contas de Galiza publica a RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo da Comisión de Goberno do 1 de marzo de 2022, de convocatoria pública de postos vacantes mediante concurso específico de méritos.

Convocan concurso específico de méritos para a provisión de 7 postos de traballo vacantes no Consello de Contas:

1. Denominación do posto: auditor/a. Nivel: 30. Grupo: A1. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.01.08.

2. Denominación do posto: auditor/a. Nivel: 30. Grupo: A1. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.01.11.

3. Denominación do posto: auditor/a. Nivel: 30. Grupo: A1. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.01.12.

4. Denominación do posto: auditor/a. Nivel: 30. Grupo: A1. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.01.04.

5. Denominación do posto: auditor/a-técnico/a. Nivel: 28. Grupo: A1/A2. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.04.01.

6. Denominación do posto: auditor/a-técnico/a. Nivel: 28. Grupo: A1/A2. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.04.02.

7. Denominación do posto: técnico/a de xestión. Nivel: 25. Grupo: A2/C1. Corpo/escala: xeral/especial. Código: CC.F01.06.01.

Poderán participar os/as funcionarios/as de carreira de corpos de Administración xeral ou de Administración especial cunha antigüidade mínima de tres anos, excepto os suspensos en firme durante o tempo de duración desta.

As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Consello de Contas (https://consellodecontasgalicia.sedelectronica.gal/) no correspondente trámite habilitado segundo o nivel do posto que se solicite.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no DOG.