No DOG do 18/03/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2022 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galiza e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.