No DOG do 18/03/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Anulan os acordos anteriores adoptados por estes tribunais sobre o primeiro exercicio dos procesos selectivos na Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 1, do 3 de xaneiro de 2022).

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio dos procesos selectivos no portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal

As dúas persoas aspirantes que de acordo coas novas puntuacións publicadas incrementan as súas notas e superan o primeiro exercicio do proceso selectivo, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o título equivalente.