No DOG do 24/03/2022 publican a RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG número 44, do 4 de marzo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Convócanse para a realización do terceiro exercicio do proceso selectivo o día 28 de marzo 2022, ás 16.00 horas, en chamamento único, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada na rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

A listaxe de persoas aspirantes convocadas para a realización deste exercicio pode consultarse no portal web da Xunta de Galiza (funcionpublica.xunta.gal).