No DOG do 06/04/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2022 pola que se convocan cursos de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos centros de traballo da provincia de Lugo recollidos no anexo II, que son os seguintes:

- Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención da Residencia de Maiores A Milagrosa en Lugo.

- Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70.

- Persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención da Residencia de Maiores As Gándaras, en Lugo.

O prazo de presentación de solicitudes será de oito días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.