No DOG do 08/04/2022 publican a Resolución do 5 de abril de 2022 pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de estatísticos. 

A solicitude deberá presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG e ata o día 3 de maio de 2022.