No DOG do 20/04/2022 publican a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter provisional as persoas aspirantes admitidas e excluídas e as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso‑oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro), convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2021.

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os/as declarados/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).