No DOG do 13/05/2022 publican a RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2022 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos.

A relación de persoas admitidas publícase no portal web corporativo da Xunta de Galiza, https://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de concurso de traslados. Non existen participantes excluídas.

Publicar os prazos habilitados para a presentación das solicitudes de elección de postos e xustificación da posesión dos méritos e requisitos que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; concrétanse no seguinte cadro resumo:

 

Descrición Prazo Período Observacións
Presentación das solicitudes de elección de postos 10 días hábiles Desde o 16.5.2022 ata o 31.5.2022 Base IV da convocatoria do concurso
Xeración do impreso de emenda de méritos 10 días hábiles Desde o 16.5.2022 ata o 31.5.2022 Base VI.2 da convocatoria do concurso
Expedición do certificado de méritos 20 días hábiles Desde o 16.5.2022 ata o 14.6.2022 Base VI.2 da convocatoria do concurso
Presentación do certificado de méritos 25 días hábiles Desde o 16.5.2022 ata o 21.6.2022 Base VI.2 da convocatoria do concurso