No DOG do 18/05/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2022 pola que se convocan os cursos correspondentes ao primeiro semestre do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galiza do ano 2022.

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellaría de Emprego e Igualdade, que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 25 de maio de 2022.