No DOG do 17/06/2022 publican a RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2022 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de estatísticos.

A relación de persoas admitidas pódese consultar no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe «concurso de traslados». Todas as persoas participantes están admitidas.