No DOG do 06/07/2022 publican a RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo de ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro) pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Publican a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e elevan esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.