No DOG do 08/07/2022 publican a RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2022 pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de estatísticos, convocado pola Resolución do 5 de abril de 2022.

Publican as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas, para cada un dos postos solicitados, no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública (https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/).