No DOG do 13/07/2022 publican a RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Publican como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas.

Elevan esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.