No DOG do 20/07/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 27 de xullo de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no Polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid 2-4 en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 26 de xullo de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas) de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 26 de xullo de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas) de Santiago de Compostela.