No DOG do 29/07/2022 publican a RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 15 de abril de 2021, publicada no DOG número 76, do 23 de abril, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do quinto exercicio.

Convócanse ás persoas aspirantes para a realización do quinto exercicio o día 28 de setembro de 2022, ás 9.00 horas, na Sala D do Edificio Administrativo de San Caetano.