No DOG do 19/08/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día 22 de agosto ata as 23.55 horas do día 31 de agosto de 2022.

Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas no curso solicitado por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas, tendo prioridade aquelas persoas que posúan a condición de delegado/a de prevención, traballador/a designado/a e/ ou empresario/a que asuma as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a documentación que o acredite no enderezo issga.cursoprl@xunta.gal dentro do prazo de presentación de solicitudes) e reservándose o 50 % das prazas do curso para o persoal empregado público.