No DOG do 31/08/2022 publican a RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado mediante a Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de promoción interna.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o 14 de xullo de 2022 ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 31/08/2022 tamén publican a RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2022 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Amplían o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, en vinte (20) días hábiles.