No DOG do 01/09/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2022 pola que se convocan cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico.

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, das seguintes entidades: persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galiza, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galiza (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galiza Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galiza, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 12 de setembro de 2022.