No DOG do 05/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2022 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de estatísticos, convocado pola Resolución do 5 de abril de 2022.

Adxudican e fan públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo. Esta información atópase ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.