No DOG do 15/09/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Fan pública, como anexos a estas resolucións, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes.