No DOG do 22/09/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se convoca o Curso superior sobre auditoría no sector público.

O curso diríxese ao persoal empregado público dos subgrupos A1 e A2 que presten servizos no Consello de Contas, na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma (IXCA) e nas intervencións das entidades locais de Galiza.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do 27 de setembro de 2022.