No DOG do 23/09/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galiza.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 4 de outubro de 2022.