No DOG do 26/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Non consta acreditado o nivel mínimo de coñecemento da lingua galega dunha aspirante, polo que esta aspirante disporá dun prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente.