No DOG do 30/09/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Fan públicas, como anexos a estas resolucións, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes.