No DOG do 30/09/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se publican a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 8 de outubro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na sala de lectura da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se publican a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 8 de outubro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.