No DOG do 05/10/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG número 211, do 6 de novembro) pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 212, do 7 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Fan públicas, como anexos a estas resolucións, as baremacións provisionais da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes.