No DOG do 05/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado mediante a Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 225, do 26 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.