No DOG do 05/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2022 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG número 80, do 26 de abril), e no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG número 80, do 26 de abril).

Respecto da quenda de promoción interna, ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo, sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo da Administración xeral a que acceden.

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que, segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas a subgrupo ao que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.