No DOG do 07/10/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2022 pola que se convocan cursos de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.

Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos centros de traballo da provincia de Ourense que aparecen no anexo II, que son:

Persoal dos equipos: de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención dos seguintes centros de traballo:

• Servizo de Mobilidade, Ourense.

• Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental, Ourense.

• Servizo de Patrimonio Natural, Ourense.

• Distrito Ambiental XII, Ourense.

• Oficinas de emprego do Carballiño, Ribadavia, Celanova, Xinzo de Limia, Verín e A Pobra de Trives.

• Oficinas agrarias comarcais do Carballiño, Ribadavia, Celanova, Maceda, Castro Caldelas, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Xinzo de Limia, Verín e A Gudiña.

• Centros sociocomunitarios do Carballiño, Ribadavia, Celanova, O Barco de Valdeorras, Verín, Xinzo de Limia e Petín.