No DOG do 11/10/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

- RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Fan públicas, como anexos a estas resolucións, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes.