No DOG do 11/10/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistente/a social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

- RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistente/a social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Publican a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas.