No DOG do 11/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 22 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre e de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

Terá lugar o día 15 de outubro de 2022, no salón de actos e na aula 9 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.