No DOG do 17/10/2022 publican o ACORDO do 5 de outubro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro), polo que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Publican a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas