No DOG do 17/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 15 de abril de 2021, publicada no DOG número 76, do 23 de abril, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do sexto exercicio.

O sexto exercicio terá lugar o día 25 de outubro de 2022, ás 9.00 horas, na Sala E do Edificio Administrativo de San Caetano.