No DOG do 17/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.