No DOG do 21/10/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2022 pola que se convoca un curso de formación sobre as aplicacións prácticas da Lei de subvencións de Galiza, o seu regulamento e os fondos europeos no novo marco temporal Feder 2021-2027.

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal laboral e persoal funcionario con destino no Igape que se encontren en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade ou do proxenitor distinto da nai biolóxica por nacemento, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 27 de outubro de 2022.