No DOG do 24/10/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2022 pola que se convoca o II Curso de cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística.

Esta actividade está dirixida preferentemente ao persoal empregado público, en situa‑ ción de servizo activo ou asimilada, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Viven‑ da, da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e demais persoal das entidades adscritas á dita consellería, así como ao persoal técnico e xurídico de concellos adheridos á APLU que desenvolvan funcións relacionadas coa materia urbanística, que se encadren nalgunha das seguintes categorías:

– Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

– Grupos I e II do persoal laboral.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 4 de novembro de 2022.