No DOG do 31/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.