No DOG do 08/11/2022 publican a RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da primeira proba do segundo exercicio do proceso selectivo.

De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 14 de novembro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, no polígono das Fontiñas, na rúa Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.