No DOG do 11/11/2022 publican:
- RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG número 44, do 4 de marzo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 16 de novembro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.
- RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG número 44, do 4 de marzo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.
Terá lugar na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 16 de novembro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 17.00 horas.