No DOG do 05/12/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galiza.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza ata as 23.55 horas do día 11 de decembro de 2022.