No DOG do 19/12/2022 publican a RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade fisioterapia, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG número 211, do 6 de novembro) pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Fan pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto nas bases II.2 e II.3 da convocatoria.