No DOG do 21/12/2022 o Consello da Cultura Galega publica o EXTRACTO da Resolución do 1 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases xerais e específicas que regulan as convocatorias de diversos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal, que se convocan polo sistema de concurso.

As bases xerais e específicas completas que regulan as convocatorias poden consultarse na páxina web do Consello da Cultura Galega https://consellodacultura.gal/convocatorias.php

De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que apareza publicado o anuncio da convocatoria no DOG.