No DOG do 23/12/2022 publican a RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2022 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 16 de xaneiro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas), en Santiago de Compostela, nas seguintes aulas:

- Aulas: 2, 6, 7 e 11.