No DOG do 29/12/2022 Agacal publica:

- ANUNCIO do 28 de decembro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de persoal laboral identificada no anexo II do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral de Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza, correspondente ao proceso de estabilización derivada da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.

- ANUNCIO do 28 de decembro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, das prazas de persoal laboral identificadas no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza, correspondente ao proceso de estabilización derivada da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.

O prazo de presentación das solicitudes é de vinte (20) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no DOG.