No DOG do 17/01/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Declaran rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial.

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no DOG, as persoas aspirantes actuarán do xeito que indican no mesmo.