No DOG do 24/01/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2023 pola que se convocan cursos de especialización de conversa en inglés financeiro e da empresa.

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal laboral e persoal funcionario con destino no Igape, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 2 de febreiro de 2023.