No DOG do 02/02/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2023 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 8 de febreiro de 2023.