No DOG do 17/02/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galiza (IEP) para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG).

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galiza; das entidades locais de Galiza; e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (en diante, SUG), que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 27 de febreiro de 2023.